3 PASOS – educación

motivación – innovación – creatividade. Alicia Nimo


1 comentario

Contos de princesas que non agardaron ao príncipe

Pincha para Versión en castellanoCaptura de pantalla 2016-02-12 a las 20.31.38Como vos dicía nunha entrada anterior, levamos inmersos dende outubro nunha secuencia sobre texto literario, concretamente sobre o conto. É unha secuencia que traballo case todos os anos porque os contos son textos especialmente adecuados para o traballo con nen@s. Se os textos son bos, os pequenos e pequenas conectan inmediatamente con eles, a motivación ven case regalada. Pero efectivamente, para iso teñen que ser bos textos, con boas ilustracións. É moi importante ser riguroso coa escolla dos modelos, coa súa calidade e variedade. Seguir lendo


1 comentario

Procesos creativos. Creación de localizacións para un conto

Pincha para Versión en castellanoCaptura de pantalla 2016-01-31 a las 21.53.28Fai dous anos coñecín o plantexamento de ensinanza das linguas dende un enfoque constructivista de Myriam Nemerovsky. Éste propón o estudo das propiedades dos tipos de textos para a súa posterior produción, coa finalidade de darlle o uso social para o que están escritos. Este plantexamento chegou a min da man de Teresa Neira, e provocou un xiro de 180º na miña maneira de ensinar que fixo que dende entón xa nunca nada volvera a ser o mesmo. Seguir lendo


3 Comentarios

Indagación e ciencia na escola

Pincha para Versión en castellano

Captura de pantalla 2016-01-30 a las 22.24.59

Libros de texto como material case exclusivo de uso do alumnado, a loita co “sempre se fixo así”, o inmovilismo nas aulas. Creo que hai mil maneiras de facer que os nenos e nenas vivan a súa educación dun xeito moito máis motivador e significativo, que pasando todo polo tamiz dos exercicios prefabricados, nos que a actividade do alumnado se reduce a pouco máis que “pintar a opción correcta”. A educación debe estar viva, aos nen@s encántalle aprender cousas novas, pero é responsabilidade nosa, dos mestres e mestras, propiciar contextos nos que isto poida ser posible. Seguir lendo