3 PASOS – educación

motivación – innovación – creatividade. Alicia Nimo


1 comentario

Documental “25 ANOS DE PEPE DE XAN BAÑA. A pequena historia dunha escola rural”

Pinchar para ver en castellano13533327_10209563819473344_9094862616419690442_nEste ano o noso centro cumpriu 25 anos, e por este motivo adicamos o proxecto de centro ao estudo da historia do noso centro, e por extensión á da nosa comunidade. A implicación da comunidade foi fantástica coma sempre, grazas a eles fixemos un libro de recollida de “Contos e Cantos de tradición oral”, ou achegámonos a oficios manuais hoxe en vías de extinción, como a cestería. Ademais prestáronse a ser entrevistados para o noso producto final do proxecto, un documental sobre a historia do centro. Unha extraordinaria excusa para traballar tamén sobre o proceso creativo audiovisual, iniciando ao alumnado nunha nova forma de expresión.

O documental presentouse na festa de aniversario o 21 de xuño. Un día de convivencia de toda a comunidade do Pepe de Xan Baña dende os seus inicios moi fermoso. Seguir lendo


1 comentario

Xogamos coa ciencia: misterios do baleiro

Pinchar para ver en castellano

Antes de nada, comentar que nesta “sección”, XOGAMOS COA CIENCIA, irei colgando pequenos experimentos, tamén chamados snack-experiments, que estamos a facer todas as tardes dos luns @s peques de infantil e de 1º e 2º de Primaria. Unha forma divertida de acercarse a certos fenómenos científicos.

Esta semana fixemos tres experiencias moi sinxeliñas relacionadas co baleiro e co consumo de osíxeno que conleva a combustión, neste caso, dunha vela.   Seguir lendo


1 comentario

A mitoloxía non ten idade #ABP

Pinchar para ver en castellanoImagen2Este ano, estamos a levar a cabo, na nosa aula, un proxecto sobre Mitoloxía. Nesta ocasión, dun xeito moi especial, xa que se trata dun proxecto no que participamos tres grupos de personiñas, de tres centros distintos e tres etapas diferentes (infantil, primaria e secundaria) Seguir lendo


1 comentario

Land Art. Disfrutando de Maio

Pinchar para ver en castellanoimg_5829O Land Art é unha corrente de arte contemporánea que emprega os materias que se atopan na natureza no seu propio contexto. As obras quedan no exterior, expostas á erosión ou ás modificacións que nelas fagan os propios cambios atmosféricos, quedando delas, en ocasións, só o recordo fotográfico.  Seguir lendo


1 comentario

Xogamos coa ciencia: o espectrofonovisor láser!

Pinchar para ver en castellano

Pois si, espectrofonovisor láser! Ese foi o nome que o noso particular profesor Bacterio lle deu ao prototipo que creou para que @s peques puidesen ver a súa voz. E digo ben, ver!
 O espectrofonovisor láser é un aparello que convirte a vibración creada pola voz en ondas de luz. Un aparello sinxelo que podedes executar con materiais ao alcance de calquera. Seguir lendo


3 Comentarios

Proxectos de ciencia cidadá

Pinchar para ver en castellanociencia-ciudadana-gal

No curso de ciencia e indagación que estou facendo, coñecín e aprendín varias cousas novas, pero unha das que máis chamou a miña atención foron os proxectos de ciencia cidadá. Seguir lendo


7 Comentarios

“A princesa Llorana e a gran inundación”

Pinchar para ver en castellano00Como sabedes, estivemos inmersos na secuencia didáctica “Contos de princesas que non agardaron ao príncipe”, da que xa fomos desvelando algúns aspectos. Logo de decidir tanto carácter como apariencia física da nosa princesa, e de crear as localizacións, escribimos a nosa historia.

Seguir lendo