3 PASOS – educación

motivación – innovación – creatividade. Alicia Nimo

Proxectos de ciencia cidadá

3 Comentarios

Pinchar para ver en castellanociencia-ciudadana-gal

No curso de ciencia e indagación que estou facendo, coñecín e aprendín varias cousas novas, pero unha das que máis chamou a miña atención foron os proxectos de ciencia cidadá.

Os proxectos de ciencia cidadá son aquelas investigacións científicas que aínda levadas a cabo por científicos e profesionais, poden contar coa colaboración de cidadáns comúns. Estes cidadáns poden colaborar en ocasións recollendo e recopilando datos ou levando a cabo unha análise sistemática dos mesmos.

El documento “Green Paper on Citizen Science: Citizen Science for Europe” describe la Ciencia Ciudadana como “el compromiso del público general en actividades de investigación científica; cuando los ciudadanos contribuyen activamente a la ciencia con su esfuerzo intelectual o dando soporte al conocimiento con sus herramientas o recursos. Los participantes proveen datos experimentales o equipos a los investigadores. Los voluntarios, a la vez que aportan valor a la investigación, adquieren nuevos conocimientos o habilidades, y un mejor conocimiento del método científico de una manera atractiva. Como resultado de este escenario abierto, colaborativo y transversal, las interacciones entre ciencia-sociedad-políticas investigadoras mejoran, conduciendo a una investigación más democrática, basada en la toma de decisiones basada en evidencias informadas surgidas del método científico, total o parcialmente, por parte de científicos amateur o no profesionales.” WIKIPEDIA

Son varias as plataformas online que conteñen diversos proxectos de ciencia cidadá que dun xeito ou outro permiten a colaboración de xente común. No que á súa implementación na aula se refire, sería labor d@ docente, avaliar o tipo de interacción que precisaría o proxecto e si este podería ser ou non adecuado á idade do seu alumnado, pero creo que teñen un gran potencial. Deixovos os enlaces a varias plataformas e explícovos a continuación dous exemplos de implementación na aula en dous niveis moi distintos (infantil-inicios de primaria, e finais de primaria-secundaria). Pincha nas imaxes para acceder aos enlaces.zooniverse_ciencia_ciudadanascistarter_ciencia_ciudadana

ibercivis_ciencia_ciudadana

Plataforma española de ciencia cidadá

globe_at_night_ciencia_ciudadana

Proxecto sobre contaminación lumínica

noisetube_ciencia_ciudadana

Proxecto sobre contaminación acústica

O primeiro exemplo, implementable dende educación infantil e primeiros niveis de primaria, é o proxecto Chimp&See, da Plataforma Zooniverse.Captura de pantalla 2016-02-29 a las 21.19.29.pngO proxecto consiste na observación de distintos clips de vídeo, de cámaras situadas nas selvas de Guinea e outros países do oeste de África. O obxectivo é rexistrar as especies que nel aparecen, o número de individuos e o seu comportamento. O propósito principal desta proposta é poñer en contacto aos nenos e nenas con este tipo de proxectos dende a perspectiva da posta en valor da súa propia colaboración, ao tempo que se traballa a observación sistemática e rigorosa. Nesta plataforma podedes atopar varios proxectos nunha liña moi similar. Captura de pantalla 2016-05-02 a las 23.26.12Éste sería un xeito moi sinxelo de comezar a colaborar, pero pode complicarse tanto como se vos ocurra. No IES David Buján de Cambre, da man de José Manuel Viñas Diéguez, levan tempo traballando con proxectos deste tipo. Colaboraron por exemplo co proxecto AQUA de Ibercivis, no que fixeron un estudo da calidade da auga na súa zona. Podedes pinchar na imaxe para ver como un proxecto que tivo a súa orixe en Zaragoza, ten multitude de datos recollidos na zona de Cambre. Captura de pantalla 2016-05-02 a las 23.55.42Este alumnado, de feito, deu un paso máis e creou o seu propio proxecto de ciencia cidadá. Contanno no vídeo que podedes ver a continuación.

Ata aquí, agardo que vos resulte tan interesante como a min. Un dos grandes descubrimentos deste curso que estiven a facer. Que pasedes un bo día!

Captura de pantalla 2016-02-03 a las 23.01.09

Advertisements

Autor/a: Alicia Nimo

Maestra inquieta

3 thoughts on “Proxectos de ciencia cidadá

  1. Pingback: Proyectos de ciencia ciudadana | 3 pasos - educación

  2. Grazas Alicia, penso que este tipo de difusión é a adecuada para os proxectos de ciencia cidadá. Se queres ver como evolucionan as novas investigacións deseñadas por estes rapaces. Aquí está a páxina web que montaron https://scichallenge.wordpress.com/2016/01/30/citizen-science/

    Unsaudo

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s