3 PASOS – educación

motivación – innovación – creatividade. Alicia Nimo

Un entroido dos de antes

1 comentario

Pincha para Versión en castellanoIMG_7845
 Así foi o entroido que vivimos no noso cole. Un entroido con Meco, disfraces feitos na casa, coplas satíricas e baile coma os de antes. Con muiñeras, pasodobles e mazurcas coma os de antes. E isto que foi sinxelo, da para unha gran análise educativa. Como cambiou o carácter do entroido, desa festa divertida e creativa, á festa consumista e da apariencia. Xa sei que non é así exactamente,non en todas partes, nin para todo o mundo, só busco provocar unha reflexión . Obviamente, nestas análises tendemos ás xeralizacións, porque sería imposible abarcar todas as peculiaridades.

Nós este ano deixamos o xoves para disfraz libre, e hoxe, venres fixemos o entroido dos de antes, e foi tanta a diferenza que me deu para pensar. Onte, moito disfraz comprado, moita princesa, fada, ratita presumida, gatita… Moito policía, indio, superheroe, guerreiro ninja… Hoxe moito pano da avoa, moita prenda de la da casa, moito pantalón aproveitado. Pasárono ben onte, e hoxe tamén, pero para o disfrace de onte pasaron por un bazar, para o de hoxe buscaron na casa e interactuaron cos avós e as avoas. Iso, só para reflexionar…

Captura de pantalla 2016-02-03 a las 23.01.09

Autor/a: Alicia Nimo

Maestra inquieta

1 thoughts on “Un entroido dos de antes

  1. Pingback: Un carnaval de los de antes | 3 pasos - educación

Deixar un comentario