3 PASOS – educación

motivación – innovación – creatividade. Alicia Nimo

30 de Xaneiro. Mesa da Paz

1 comentario

Pincha para Versión en castellano

Captura de pantalla 2016-01-31 a las 21.59.19

O “Día da Paz e da Non Violencia” é unha xornada educativa que se celebra o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Cada ano propóñolle aos peques da miña aula levar a cabo un acto simbólico no que lle regalamos paz ao resto do cole, de xeito anónimo. O ano pasado cubrimos as paredes de sorrisos. Este ano, propúxenlles elaborar unha mesa da Paz. A mesa da Paz é un instrumento de convivencia da pedagoxía Montessori. Pode ter un uso individual cando a empregamos para axudarnos a xestionar as nosas emocións en casos de conflito interno, ou colectivo, xa que tamén se utiliza para resolver conflitos entre dúas ou máis persoas. Persegue como obxectivo último o desenvolvemento de habilidades sociais e emocionais que potencien a autonomía na xestión dos mesmos.

Para a súa montaxe comezamos por facer un círculo de diálogo no que reflexionamos sobre aquelas cousas que podían axudar a que nos sentiramos mellor, e como podiamos representalas a través de obxectos. Despois de elaborar un listado e buscar os elementos pactados, montamos a nosa mesa nunha zona común do centro, accesible a todos os nenos e nenas do mesmo.

Na mesa podemos atopar:

  • O libro “O monstro de cores” coa finalidade de axudar aos nenos e nenas a identificar os seus sentimentos e emocións
  • Unha planta natural, con adornos inspiradores de Paz
  • Coxíns para abrazar e axudar na liberación da enerxía extra que produce un enfado
  • Unha bandexa con area simulando un xardín Zen para relaxarse
  • Unha figura dunha pomba da paz
  • Unha bola do mundo
  • Mensaxes de Paz

Engadir que o uso da mesa da Paz é voluntario. Pode convidarse aos nenos e nenas a empregala, pero en definitiva son eles os que deben decidir cando acudir e cando deixala.

As tarxetas elaboradas polo alumnado coa mestra de plástica como telón de fondo foi a guinda para o noso pastel.

Por último dicir que a mesa foi montada con moita ilusión e que agardamos que sexa de moita axuda para todo o cole.

Captura de pantalla 2016-02-03 a las 23.01.09

Advertisements

Autor/a: Alicia Nimo

Maestra inquieta

One thought on “30 de Xaneiro. Mesa da Paz

  1. Pingback: 30 de Enero. Mesa de la Paz | 3 pasos - educación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s